Skip to main content

Concurso do cómic con Radio Vigo: A quen se parece o camareiro do Porto?

Concurso do cómic con Radio Vigo: A quen se parece o camareiro do Porto?

Sortearase unha caricatura feita polo ilustrador luso Adão Silva

O Eixo Atlántico e Radio Vigo Grupo de Comunicación veñen de lanzar conxuntamente un concurso relacionado coa banda deseñada "O Báculo de Daghdha", publicado pola entidade eurorrexional este verán.

O consurso consiste en responder unha sinxela pregunta: a quen se parece o camareiro que atende os protagonistas no Porto? e enviar a resposta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

O concurso foi lanzado onte no marco da entrevista que Jacobo Buceta lle fixo ao autor Norberto Fernández e ao secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, e estará aberto ata o 16 de outubro, luns. Entre os acertantes sortearase unha caricatura feita polo ilustrador portugués Adão Silva.

Todos os interesados poden recoller o seu exemplar impreso gratis nas instalacións de Radio Vigo (Areal, 8). Ademais, o Eixo Atlántico ofrece esta banda deseñada para a súa descarga a través da sección de publicacións da web