Comeza o segundo encontro de intercambio de experiencias do proxecto EDIN, en Lazdijai, Lituania

Os días 2 e 3 de xullo, a cidade de Lazdijai en Lituania acolleu aos socios do proxecto EDIN, cofinanciado polo programa Interreg Europe, no que foi o segundo intercambio de experiencias e coñecemento. O oito socios do proxecto cobren unha área xeográfica de 7 países e centran o seu traballo en mellora a transición dixital e impulsar a competitividade rexional atraendo a nómades dixitais.
Nº |
Socio |
País |
LP |
Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular |
España |
PP2 |
Union of Bulgarian Black Sea Local Authorities |
Bulgaria |
PP3 |
Agency for the development of the Empolese Valdelsa |
Italia |
PP4 |
Donegal County Council |
Irlanda |
PP5 |
Møre and Romsdal County Council |
Noruega |
PP6 |
Region of Toscana |
Italyia |
PP7 |
ELY Centre Kainuu (Centre for Economic Development, Transport and the Environment |
Finlandia |
PP8 |
Lazdijai district municipality administration, Lithuania |
Lituania |
Os nómades dixitais son profesionais cualificados que exercen a súa profesión en sectores de alto valor engadido e que poden traballar de maneira remota desde calquera sitio. Atraer a estes nómades dixitais aos diferentes territorios traerá consigo beneficios tales como a atracción de talento e persoas altamente capacitadas a zonas actualmente en declive, reforzará os servizos de proximidade e, ademais, suporá un impulso para o turismo sustentable. imaxe de whatsapp 2024 07 02 ás 08.43.26 01120fe2
O obxectivo deste proxecto é desenvolver e mellorar instrumentos de política existentes para a atracción de nómades dixitais en cada rexión, de forma eficiente e compatible e complementaria co desenvolvemento económico da rexión.
Este segundo encontro dos socios, que tivo lugar o Lituania, favoreceu unha intensa aprendizaxe conxunta e intercambio de experiencias, información e coñecemento que inspiraron novas accións e metas para o proxecto.
Os socios tiveron a oportunidade de reunirse con expertos da industria local e debater con eles o desenvolvemento de estratexias dirixidas a situar a rexión como un lugar onde vivir e traballar, promovendo á atracción de talento e a innovación. Así mesmo, socios, expertos e stakeholders locais debateron acerca dos instrumentos de política locais dirixidos á atracción de talento e como estes poden mellorar o atractivo da rexión para os nómades dixitais.
Síguenos en: https://www.interregeurope.eu/edin e/ou LinkedIn: http://www.linkedin.com/showcase/edin-european-dixital -nomads/