Skip to main content

Comeza a segunda edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico

Comeza a segunda edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico
 Ourense e Santa Maria da Feira protagonizan esta iniciativa onde a cidadanía fotografia os municipios e gaña a imaxe con máis “likes”. Consulte aquí as bases do concurso

O Eixo Atlántico lanza a segunda edición do seu concurso fotográfico aberto á cidadanía, no que as persoas participantes deberán captar en imaxes o espírito dos municipios de Ourense e Santa Maria da Feira. Cada participante poderá enviar unha única fotografía, elixindo un dos dous municipios, e a imaxe que obteña máis “likes” nas redes sociais oficiais do Eixo Atlántico será a gañadora. Esta acción forma parte do proxecto da Guía Turística Dixital do Eixo Atlántico.

A participación está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos, tanto profesionais como afeccionadas, e debe centrarse exclusivamente en imaxes feitas dentro do termo municipal de Ourense ou Santa Maria da Feira. As fotografías poden retratar paisaxes, monumentos, arquitectura, festas, tradicións, gastronomía, escenas da vida cotiá ou detalles con identidade propia.

Nesta ocasión, o concello de Ourense e de Santa Maria da Feira premiarán non só á fotografía máis votada, senón tamén á segunda e terceira máis votadas. Deste xeito, recoñecerase o talento de máis participantes, ampliando o número de imaxes galardoadas nesta edición do concurso.

Calendario do concurso:

  1. Recepción de imaxes: do 10 ao 30 de novembro
  2. Publicación nas redes sociais: 2 de decembro
  3. Votación mediante “likes”: do 2 ao 9 de decembro
  4. Anuncio das fotografías gañadoras:10 de decembro

Como participar:

As persoas interesadas deberán enviar unha soa fotografía por cidade ao correo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando:

  • Asunto do email: Concurso Fotografia – Cidade pola que participa
  • Nome e apelidos
  • Municipio ao que pertence a imaxe (Ourense ou Santa Maria da Feira)
  • Que redes sociais teñen (X, Instagram ou Facebook)
  • Unha autorización asinada para a publicación da imaxe

Requisitos adicionais:

As persoas participantes deberán cumprir os seguintes requisitos para validar a súa participación:

  • Enviar unha fotografía por persoa
  • Seguir polo menos unha conta oficial do Eixo Atlántico nas redes sociais:
    • X (Twitter): @eixoatlantico
    • Instagram: @expocidades_ea
    • Facebook: @Expocidades
  • Seguir unha conta oficial do concello correspondente (Sarria ou Viana do Castelo)
  • Dar “like” á publicación oficial do concurso correspondente na rede onde estean presentes
  • Compartir a publicación:
    • En stories (Instagram)
    • Ou facer retweet (X ou Facebook)

Modo de selección da imaxe gañadora:

  • As fotografías serán publicadas o 2 de decembro nas tres redes sociais oficiais do Eixo Atlántico (X, Instagram e Facebook).
  • A imaxe gañadora será a que obteña máis "likes" na suma total das tres redes sociais.
  • Cada municipio contará cunha fotografía gañadora.

Premios:

  • Ourense:

1. Foto máis votada:

  • Sala Enigma – Escape Room para 5 persoas.

2. Segunda foto máis votada

  • Visita guiada para dúas persoas pola Catedral de Ourense.
  • Santa Maria da Feira:
  1. Foto mais votada:
  • 1 bono Spabado 1, para as Termas de São Jorge
  • 1 bono duplo para o Convento dos Loios
  • 1 bono duplo para Parque Ornitológico de Lourosa
  1. Segunda foto máis votada:
  • 1 bono duplo para o Convento dos Loios
  • 1 bono duplo para o Museu do Papel Terras de Santa Maria
  • 1 bono duplo para Parque Ornitológico de Lourosa
  1. Terceira foto máis votada:
  • 1 bono duplo para o Museu do Papel Terras de Santa Maria
  • 1 bono duplo para Parque Ornitológico de Lourosa