Comeza a primeira edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico
Sarria e Viana do Castelo protagonizan esta iniciativa onde a cidadanía fotografia os municipios e gaña a imaxe con máis “likes”
O Eixo Atlántico lanza, por primeira vez, un concurso fotográfico aberto á cidadanía, no que as persoas participantes deberán captar en imaxes o espírito dos municipios de Sarria e Viana do Castelo. As fotografías presentadas competirán entre si, e gañará a que máis “likes” obteña nas redes sociais oficiais do Eixo Atlántico. Esta acción forma parte do proxecto da Guía Turística Dixital do Eixo Atlántico.
A participación está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos, tanto profesionais como afeccionadas, e debe centrarse exclusivamente en imaxes feitas dentro do termo municipal de Sarria ou Viana do Castelo. As fotografías poden retratar paisaxes, monumentos, arquitectura, festas, tradicións, gastronomía, escenas da vida cotiá ou detalles con identidade propia.
Calendario do concurso:
- Recepción de imaxes: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Publicación nas redes sociais: 7 de xullo
- Votación mediante “likes”: do 7 ao 13 de xullo
- Anuncio das fotografías gañadoras: luns 14 de xullo
Como participar:
As persoas interesadas deberán enviar a súa fotografía por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando:
- Asunto do email: Concurso Fotografia – Cidade pola que participa
- Nome e apelidos
- Municipio ao que pertence a imaxe (Sarria ou Viana do Castelo)
- Que redes sociais teñen (X, Instagram ou Facebook)
- Unha autorización asinada para a publicación da imaxe
Requisitos adicionais:
As persoas participantes deberán cumprir os seguintes requisitos para validar a súa participación:
- Enviar unha fotografía por persoa
- Seguir polo menos unha conta oficial do Eixo Atlántico nas redes sociais:
- X (Twitter): @eixoatlantico
- Instagram: @expocidades_ea
- Facebook: @Expocidades
- Seguir unha conta oficial do concello correspondente (Sarria ou Viana do Castelo)
- Dar “like” á publicación oficial do concurso correspondente na rede onde estean presentes
- Compartir a publicación:
- En stories (Instagram)
- Ou facer retweet (X ou Facebook)
Modo de selección da imaxe gañadora:
- As fotografías serán publicadas o 7 de xullo nas tres redes sociais oficiais do Eixo Atlántico (X, Instagram e Facebook).
- A imaxe gañadora será a que obteña máis "likes" na suma total das tres redes sociais.
- Cada municipio contará cunha fotografía gañadora.
Premios:
- Viana do Castelo: 1 noite para dúas persoas no Hotel AP Dona Aninhas (****) e unha cea no Restaurante Bota d’Água.
- Sarria: 1 noite para dúas persoas no Hotel Alfonso IX (****)..
Con esta primeira edición do concurso, o Eixo Atlántico aposta por unha promoción turística baseada na participación cidadá, construíndo unha identidade común da Eurorrexión a través da mirada das súas xentes.