Skip to main content

Carmen Pardo: "O sector turístico está moi necesitado de personal"

Carmen Pardo: "O sector turístico está moi necesitado de personal"

"Turismo no Eixo Atlántico" foi o tema do programa de Antena Minho e Onda Cero Galicia, emitido simultaneamente. Os invitados foron António Barroso, adxunto do presidente da Cámara Muncipal de Braga para o sector do Turismo, e Carmen Pardo, ex secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, autora dos informes de turismo do Eixo Atlántico e profesora no Instituto Politécnico de Viana do Castelo

António Barroso afirmou: "No turismo temos que tentar o equilibrio. En Braga xa temos esa preocupación porque aumentou número de visitantes. O turismo ten que ser bo. Bo porque é un gran dinamizador económico, de emprego e por algo fundamental: dá visibilidade e isto fortalece o sentimento de orgullo de pertencer ao teu municipio".

Carmen Pardo asegurou que: " O único aeroporto que hai no Norte de Portugal ten, desde hai moitos anos, o dobre de pasaxeiros que o tres aeroportos galegos xuntos. Ter tres aeroportos penaliza a situación en Galicia, hai 10 anos e hoxe".

Novos modelos de turismo

No ámbito do turismo, un dos motores económicos do Eixo Atlántico está a traballar na identificación e desenvolvemento de tres novos conceptos turísticos tras o éxito do concepto de turismo de fronteira e o seu slogan "2 países, 1 destino", impulsado polo Eixo Atlántico fai máis dunha década. está a desenvolver actualmente tres novos conceptos. Os novos conceptos nos que se está traballando para promover, á súa vez, novos modelos son: turismo de autor, policéntrico e a incorporación transversal dun concepto xa existente pero insuficientemente implantado que é o turismo accesible.

Escoite o programa completo:

Programa cofinanciado polo Interreg España - Portugal ( POCTEP) 2021-2027.