O Eixo Atlántico organizou esta xornada para interventores e técnicos locais das cidades do Eixo Atlántico impartida por Pere Lluís Fos, especialista en auditorías de fondos europeos
O Eixo Atlántico organizou, en colaboración co Concello de Carballo, unha sesión formativa co obxectivo de mellorar a eficiencia na xestión dos fondos europeos. Fórum Carballo é o lugar elixido e a xornada foi dirixida a interventores e técnicos de proxectos das entidades asociadas ao Eixo Atlántico, e que teñan entre as súas funcións a responsabilidade da xustificación de gastos elixibles en proxectos financiados polo FEDER.
En concreto, durante a sesión informativa se falou das claves para realizar correctamente unha presentación de gastos para a súa validación en proxectos co-financiados por INTERREG VA ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP). O relator da xornada foi Pere Lluís Fos Sebastián, especializado nas auditorías de Fondos Europeos e auditor do Eixo Atlántico desde 2006.