Skip to main content

Braga, Sarria e Santiago de Compostela reciben aos socios de EPICAH para analizar a recuperación do Camiño de Santiago tras a pandemia

Braga, Sarria e Santiago de Compostela reciben aos socios de EPICAH para analizar a recuperación do Camiño de Santiago tras a pandemia

Os socios da Grecia, República Checa e Hungría reuniron con especialistas galegos e portugueses para debater as consecuencias e os desafíos da Covid-19 no turismo

O proxecto EPICAH, financiado por Interreg Europe e liderado polo Eixe Atlántico, organizou unha visita a Braga, Sarria e Santiago de Compostela para se reunir con especialistas en turismo. O obxectivo destas reunións é analizar as consecuencias da Covid-19 no Camiño de Santiago, os desafíos, as estratexias e a cooperación entre as varias administracións locais, rexionais e internacionais, para poder coñecer as mellores prácticas e replicalas noutros países.

Os socios foron recibidos por António Barroso, adxunto do Alcalde de Braga, Ricardo Río, por Marco Sousa, Director do Departamento Operacional da Turismo Porto e Norte de Portugal, e Nuno Ferreira, representante da Turismo Porto e Norte de Portugal polos asuntos do Camiño de Santiago, e Varico Pereira, Vicepresidente da Confraría do Bo Jesus, onde se analizou a cooperación entre as administracións rexionais e locais coa Igrexa e as asociacións locais de peregrinos, o proceso de certificação do Camiño Portugués, os investimentos nos Camiños que atravesan Braga (Central, Minhoto Ribeiro e Torres), as consecuencias da Covid-19 e as medidas adoptadas.

Pola tarde, o grupo dirixiuse a Valença, un dos principais puntos de partida do Camiño desde Portugal, onde tiveron coñecemento das dificultades en atravesar a fronteira luso-española durante o peche das fronteiras.

O día seguinte, durante a parte da mañá, os socios foron recibidos polo Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, onde se realizaron algúns debates nos cales se falou sobre o impacto do Camiño de Santiago a nivel demográfico, de planificación urbana e económico nos poboados máis pequenos como Sarria. Tamén se debateu a importancia entre a cooperación entre os concellos máis pequenos para conseguir crear estratexias de promoción, desenvolvemento e mantemento das estruturas do Camiño.

Pola tarde, o grupo foi recibido polo Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Bugallo, que lles explicou a importancia que o Camiño ten non só para a cidade como para toda a Galiza. Con Xoán Vázquez Mao, Secretario-xeral do Eixe Atlántico, Flavia Ramil, representante do Concello de Santiago de Compostela, Carmen Pardo e Ana Ladeiras, especialistas no Camiño e en Turismo de Autor, analizáronse a estratexia de comunicación, a xestión das marcas e símbolos do Camiño de Santiago, a cooperación entre a Sociedad Xacobea e as asociacións internacionais do Camiño de Santiago, o financiamento das actividades jacobeias os Anos Santos, os retos de seguranza para o peregrino, as expectativas futuras e o turismo de autor.