Skip to main content

Braga promove concurso de ilustración coa “Bienal de Ilustración, Premio Capital da Cultura do Eixo Atlántico”

Braga promove concurso de ilustración coa “Bienal de Ilustración, Premio Capital da Cultura do Eixo Atlántico”

Os artistas poden inscribirse até o 20 de setembro e o premio ascende a 8.000 euros

No ámbito do programa de Braga 2021 - Capital da Cultura do Eixo Atlántico, o Concello de Braga lanza o desafío aos ilustradores nacionais e internacionais de representar o patrimonio material e inmaterial do territorio do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Promovido en colaboración coa Escola Superior de Design do Instituto Politécnico do Cávado e da Ave (IPCA) e coa participación da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, o premio bianual distinguirá o vencedor cun premio de 8000 euros”. As obras recoñecidas presentaranse nunha exposición e nun catálogo coas obras dos 15 autores finalistas que se producirá en asociación con “Braga en Risco “ Encontro de Ilustração”. Cada ilustrador poderá participar con tres traballos até ao día 20 de setembro.

Preténdese con este premio descubrir e recoñecer o talento na área da ilustración e intensificar a consolidación desta mesma expresión artística na cidade en coordinación coas estratexias culturais do Plan de Actividades do Municipio de Braga e da Estratexia Cultural de Braga 2020-2030, especialmente na organización do “Braga en Risco”, evento con crecente recoñecemento entre os profesionais desta manifestación artística, e na aposta do Street Art e das linguaxes artísticas urbanas, áreas cada vez máis significativas para a configuración das Cidades Creativas. Da mesma forma, o concurso posibilitará a promoción e a divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial do territorio do Eixo Atlántico.

Os artistas que pretendan participar no concurso deben presentar as súas candidaturas a través do seguinte formulario:

pdfFicha de inscrição interactiva

o regulamento pode descargarse aquí.

pdfRegulamento ilustracion