Do 30 de maio ao 2 de xuño, Braga acolle a Semana de Turismo de Fronteira Europeo. O próximo fin de semana, a cidade será o epicentro do turismo de fronteira que acollerá dous eventos relevantes: O I Foro Internacional de Turismo de Fronteira e a V edición de Expocidades - Feira de Turismo de Proximidade
A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo secretario-xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, onde destacou a importancia da realización do I Foro Internacional de Turismo de Fronteira en Braga "como forma do traballo que a cidade desenvolveu nesta área", avanzando que están xa confirmadas presenzas de especialistas en turismo de oito países e máis de 130 inscritos (nun máximo de 200).
Na presentación do evento, Xoán Mao lamentou a falta de políticas europeas reparadas sobre o turismo e a ausencia de representantes do goberno no foro. "En Europa non hai un programa común de turismo e debía haber. É tamén de lamentar que o Goberno portugués non estea presente neste debate", afirmou.
O secretario xeral do Eixo Atlántico subliñou a idea central do turismo de fronteira que pasa, sobre todo, por percorrer a fronteira. "Nós queremos que a idea do turismo nesta área sexa percorrer a fronteira. Temos enoturismo, cultura, relixión e, por veces, até é difícil saber cando se pasou a fronteira. A idea é a de convidar as persoas que percorran a fronteira e que non se limiten a atravesala, pois son territorios cunha gran riqueza histórica, cultural e natural", explicou Xoán Mao, engadindo que o Eixo Atlántico lidera o proxecto Destino Fronteira , que promove a identificación de fontes para o desenvolvemento económico e o repoboamento da fronteira baseada nun turismo sustentable centrado no patrimonio natural, cultural e monumental da fronteira luso-española.
Na súa quenda, o alcalde de Braga, Ricardo Río, destacou que "este conxunto de iniciativas é unha excelente demostración da importancia da participación no Eixo Atlántico no que se refire á promoción turística da cidade e ao desenvolvemento de políticas en interacción con axentes relevantes do territorio".
Ricardo Río subliñou a relevancia de que "Braga é un destino turístico a escala global", apuntando que "é neste contexto de proximidade, donde temos a base de visitante máis consolidada. A participación na eurorrexión é unha panca para aumentar o turismo na cidade".
O Foro terá lugar no día 30 de Maio, no Theatro Circo, reunirá especialistas en turismo de toda a Europa que abordarán cuestións como o diagnóstico e o desenvolvemento dun plan estratéxico de turismo de fronteira; o efecto da fronteira no desenvolvemento de turismo e a confluencia con programas europeos de turismo nos seus diferentes ámbitos (patrimonial, histórico, natural ou cultural).
Tamén serán analizadas as experiencias doutras fronteiras europeas cunha revisión ás denominadas “boas prácticas” en países como Estonia, Grecia, Hungria, República Checa ou Romanía/Romanía a través dos socios do Eixo Atlántico no proxecto europeo EPICAH, liderado pola entidade transfronteiriza.
Cidades do Eixo Atlántico mostran potencial na feira de Expocidades
Braga acolle a V edición de Expocidades - Feira de Turismo de Proximidade. A exposición terá lugar en pleno centro da cidade, na praza da República, nunha mostra das potencialidades de máis de 30 cidades do Eixo Atlántico.
En Expocidades, que transcorrerá entre o 30 de maio e o 2 de Xuño, en pleno centro da cidade, na praza da República, poderá percorrerse "nun único espazo, a diversidade da oferta máis de 30 cidades , os seus atractivos, a súa cultura, patrimonio e gastronomía", anunciou Xóan Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico na rolda de prensa de presentación da Semana de Turismo de Fronteira Europeo que transcorrerá en Braga.
Son 25 as casetas que ocuparán a feira que mostrará as posibilidades turísticas de máis de 30 cidades que pertencen á entidade, e que se celebra coincidindo co Viño Verde Fest, axudando a dar maior dimensión e visibilidade a ambas as iniciativas.
Braga acolle, por primeira vez este evento que vai xa na quinta edición, tras pasar por Lugo, Pontevedra, Viana do Castelo e Vila Real. Paralelamente á feira, terán lugar outras actividades con degustacións de produtos típicos das cidades (doces, pan, licores, queixos, viños, conservas, entre outros), actuacións musicais. Ademais haberá unha caseta para degustacións de diferentes municipios.
A Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico contará ademais cun espazo para unha das últimas iniciativas do Eixo, o Foro Termal.
A entrada é libre e gratuíta.
+ Fronteira
Co lema "Non atraveses a fronteira, percorrea" o proxecto Destino Fronteira pon en valor os recursos da fronteira, promovendo a súa conservación e promoción, para facela máis atractiva aos turistas e habitantes da zona. Na rolda de prensa presentouse o cómic Destino Fronteira, unha publicación que quere "dar a coñecer os atractivos diferentes e variados que esta fronteira ten que ofrecer".