
Un centenar de persoas participaron no Seminario “Análise e Futuro do Camiño Portugués de Santiago”,, celebrado o pasado xoves, en Braga
Perto de 100 persoas participaron no Seminario “Análise e Futuro do Camiño Portugués de Santiago”, entre elas representantes de distintas institucións relacionadas co Camiño; os Municipios dos distintos trazados, portugueses e galegos, as Asociacións de Amigos do Camiño e Peregrinos, A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Portugal, A Dirección Regional de Cultura do Norte de Portugal e a CCDR-n.
A Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo e o Eixo Atlántico organizaron conxuntamente este Seminario que se enmarca no proxecto Eurorregión 2020 do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal. A sesión foi inaugurada polo Arcebispo de Braga, Jorge Ortiga; o Xerente do Xacobeo, Rafael Sánzchez Bargiela; o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao e o Presidente do Eixo Atlántico e Alcalde de Braga, Ricardo Rio que resaltaron a imperiosa necesidade que igualar ás condicións do Camiño Portugués de Santiago ás do Camiño Francés para o próximo Ano Santo de 2021.
Durante a xornada foi presentado o Estudo do Trazado do Camiño Portugués de Santiago realizado pola Xunta de Galicia no marco do proxecto anteriormente citado. O resumo do estudo foi entregado ós asistentes que poderán ter acceso a versión final completa a finais do presente mes. Por parte do Xacobeo foi feito un encadre histórico da orixe do Camiño en Portugal así como tamén foi presentada a folla de ruta da Xunta para que puidese servir de exemplo para os traballos aínda por realizar en Portugal.
A Obra Nacional da Pastoral de Turismo tamén fixo a súa contribución presentando distintas estatísticas de uso así como sinalando a importancia da implicación da Igrexa neste proceso. O profesor Rui Loza presentou o Estudo de viabilidade da candidatura a patrimonio da humanidade do Camiño Portugués que se concretizou en recomendacións sobre os pasos a dar para completar todo o proceso.
O Seminario foi clausurado pola Directora da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro que informou que a Xunta dedicará ó Camiño Portugués de Santiago o ano 2018 coas inversións que iso implica así como relembrou que durante o Xubileo Extraordinario da Misericordia convocado polo Papa Francisco do 8 de decembro de 2015 ó 20 de novembro de 2016 a Porta Santa da Catedral de Santiago estará aberta. O Coordinador do Secretariado Executivo do Caminho Portugués de Santiago do Eixo Atlántico acompañou á Directora na clausura reiterando a necesidado de entendemento, coordinación e participación de todas a entidades implicadas para conseguir os obxectivos marcados dunha forma máis rápida e efectiva.