Skip to main content

Avanzan os traballos para recuperar a Vía Nova

Avanzan os traballos para recuperar a Vía Nova

Construída no século I D.C. unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) a través da provincia de Ourense

Coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o presidente, a vicepresidenta , o presidente da Asemblea Xeral e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, Lara Méndez, Alfredo García e Xoan Mao, respectivamente, e varios expertos, mantiveron unha reunión de traballo na sede da Deputación de Ourense, para avanzar no proxecto para a recuperación da Vía Nova.

A Vía Nova era unha calzada romana que atravesaba o que hoxe é o territorio provincial de Ourense, construída no século I d.C. unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) ao longo de máis de 300 quilómetros, a través da provincia de Ourense.