Skip to main content

As infraestruturas ferroviarias entre Galicia e Portugal protagonizan o programa mensual de Radio Vigo

As infraestruturas ferroviarias entre Galicia e Portugal protagonizan o programa mensual de Radio Vigo

David Pontes, do Diario Público, e  Xoán V.  Mao abordaron temas de actualidade na Eurorrexión como a liberalización do sector do transporte por ferrocarril

O director adxunto do Diario Público, David Pontes, e o secretario xeral do  Eixo Atlántico,  Xoán Vázquez  Mao, participaron no programa mensual sobre a Eurorrexión que se emite a través de Radio Vigo e Localia  Televigo, así como Antena  Minho, para a área de Braga.

A actualidade no que respecta ás infraestruturas ferroviarias co recente anuncio da creación dunha empresa conxunta entre  Comboios de Portugal e Renfe, o proxecto de Arriva para explotar a liña A Coruña-Porto ou a necesidade de que se impulse a saída sur de Vigo por parte do Goberno español foron algúns dos asuntos tratados durante o programa.

Ademais, tamén houbo tempo para analizar a situación en Portugal tras os grandes incendios de hai un ano e de poñer en valor a nova Guía  Túrística do  Eixo Atlántico, “Patrimonio Natural, Paraíso Terreal”, que se distribuirá en papel coa prensa galega e portuguesa a principios do mes de outubro e estará dispoñible para a súa descarga a través da web do  Eixo.