O Decano da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia de Comiñas ingresou recentemente neste cualificado organismo internacional
Abel Veiga Copo, nacido en Monforte de Lemos, pasou a formar parte da Academia de Privatistas Europeos, sendo así o único xurista galego na entidade. Xunto el, soamente outro catro profesionais españois son integrantes da Academia: un xurista de Barcelona, dous da Complutense e outro de Zaragoza.
A Academia de Privatistas Europeos fundouse en Pavía (Milán) en novembro de 1992 e os membros que a integran son propostos por propios académicos dunha valía extraordinaria e unha traxectoria científica capital, presidida por dous nomes de acreditado prestixio en toda Europa. O seu fundador, Giuseppe Gandolfi, un especialista de talla inconmensurable, e por Carlo Granelli.
Abel Veiga colabora periodicamente co Eixo Atlántico escribindo artigos de opinión. En 1999 comezou sendo profesor de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comiñas da cal, actualmente, é Decano. Autor dun centenar de libros, director de teses doutorais, conferenciante e responsable de seminarios en España e varios continentes. Ademais, é experto en Dereito aeronáutico, sociedades, civil, mercantil, de arte e de seguros.