Skip to main content

A web do Eixo Atlántico publicará Artigos de Opinión de personalidades relevantes relacionados co coronavirus

A web do Eixo Atlántico publicará Artigos de Opinión de personalidades relevantes relacionados co coronavirus

Serán escritos realizados por persoas de relevancia vinculadas ao Eixo Atlántico desde todos os ámbitos políticos e territoriais

Neste período de illamento, desde o Eixo Atlántico estamos a traballar cara o día despois. Co espírito de fomentar o debate intelectual e crítico nesta situación inédita, as repercusións que poidan ter e como combater os seus efectos máis negativos, hoxe comezamos a publicación, no apartado de Artigos de Opinión da nosa web, dunha serie de artigos escritos por persoas de relevancia vinculadas ao Eixo Atlántico desde todos os ámbitos políticos e territoriais.
Cada día contaremos coa opinión destes expertos que valorarán o estado de Alarma en España e de Emerxencia en Portugal e as súas consecuencias sociais e económicas. O primeiro deles é Luís Braga dá Cruz, enxeñeiro civil, ex-ministro de Economía no XIV Goberno Constitucional de Portugal.

LINK Ó ARTIGO DE LUÍS BRAGA DA CRUZ