Skip to main content

A VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico celébrase o 13 e 14 de abril en Barcelos

A VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico celébrase o 13 e 14 de abril en Barcelos

375 mozos de Galicia e do Norte de Portugal interpretarán pezas de música clásica e jazz nunhas xornadas abertas ao público

A oitava edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrarase o fin de semana do 12 ao 14 de abril. 375 participantes de Galicia e do Norte de Portugal, 32 solistas e 343 en agrupacións de preto de 30 escolas de música e conservatorios de 22 municipios do Eixo Atlántico, interpretarán pezas de música clásica e jazz no Auditório São Bento Menni e Teatro Gil Vicente, durante o sábado.

O/as solistas, de entre 8 e 18 anos, e os grupos, nos que participan mozos de até 25 anos, son de Barcelos, Gaia, Braga, Famalicão, Santa Maria daFeira, Guimarães, Vila do Conde, Fafe, Bragança, O Barco de Valdeorras, Felgueiras, A Coruña, Amarante, Ferrol, Vila Real, Gondomar, Santiago de Compostela, Mirandela, Ponteareas, Esposende, Viana do Castelo e Matosinhos.

O fin de semana musical culminará o domingo 14 coa final da Mostra Musical. Pola mañá o xurado profesional decidirá quen son o/as ganadore/as, e, pola tarde, realizarase a entrega de premios no Auditório Sao Bento Menni. Ao final do acto o público poderá gozar dunha actuación do Coro de Barcelos que interpretará o tema "Grandola Vila Morena". conferencia 18 2

Joám Trillo, homenaxeado

A VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico homenaxea ao músico galego Joám Trillo. Naceu en Negreira, na provincia da Coruña, no ano 1942. Estudou Música Sacra e Composición Superior. Foi unha das figuras máis destacadas da protección e promoción da música galega, realizando un amplo labor de formación nas diferentes institucións galegas e de recuperación e difusión do repertorio dos compositores galegos dos séculos XVIII, XIX e XX.

Fundou e dirixiu a Xove Orquestra de Galicia en 1987, unha das formacións de referencia dentro da música galega, e en 1992 funda tamén a Ars Gallæciæ Musicæ, unha colección destinada a publicar as composicións de autores galegos do pasado e do presente, que conta xa con máis de 30 publicacións. O seu elenco conta cun importante catálogo de obras, incluíndo algúns grandes formatos sinfónicos e corais. Á súa vertente compositiva hai que engadir un intenso traballo de investigación, con varios libros e obras publicadas.

O Municipio de Barcelos ten unha oferta formativa musical de referencia da que son exemplos a Banda Musical de Oliveira, o Conservatório de Música de Barcelos, a Academia de Música Viatodos e as Guitarras eléctricas Manhente. Ao acoller a Mostra Musical do Eixo Atlântico, a cidade pretende consolidar unha programación cultural diversificada, potenciando os obxectivos deste evento para a identidade cultural de Barcelos, así como dar visibilidade ao clúster musical da Eurorrexión no contexto das Cidades Creativas da Música, da rede UNESCO. A Mostra Musical, que se realiza bienalmente desde 2008, recoñece, promove, premia e divulga a práctica musical, apoiando músicos e intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír para a difusión gusto pola Música de Galicia e Norte de Portugal, privilexiando a innovación, a calidade, a interacción e a renovación do panorama musical do Eixo Atlántico. O evento reúne en cada edición centenas de alumnos de escolas e conservatorios de música das cidades do Eixo Atlántico.

"É unha gran honra para o noso Municipio acoller a VIII edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, pois reúne aquilo que cremos máis indicado para o noso proxecto cultural, con novos públicos e novos talentos", dixo o alcalde de Barcelos na Rolda de prensa de presentación do evento. Subliñou que "a educación e a cultura é o que máis próximo ás persoas e o que axuda a consolidar a paz e a democracia". Mário Constantino Lopes realzou a importancia de "reunir a tantos mozos españois e portugueses, porque é máis aquilo que nos une do que o que nos separa".

*Audio do alcalde da Câmara Municipal de Barcelos, Mário Constantino

*Audio da concelleira de Cultura do município de Barcelos, Elisa Braga