Skip to main content

A serie documental “Eurorrexión século XXI”, dispoñible para visualización na canle YouTube do Eixo Atlántico

A serie documental “Eurorrexión século XXI”, dispoñible para visualización na canle YouTube do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico recupera e divulga para o conxunto da sociedade o traballo dirixido polo xornalista Manuel Campo Vidal

A serie documental  Eurorrexión século XXI dirixida polo xornalista e presidente da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España, Manuel Campo Vidal no ano 2006 e que constituíu unha auténtica enciclopedia audiovisual da Eurorrexión Galicia  Norte de Portugal, xa se pode visualizar online, a través da canle de Youtube do Eixo Atlántico.

Este programa impulsado e promovido polo Eixo Atlántico debuxa ao longo das súas case 11 horas de duración repartidas en 11 capítulos, unha completa radiografía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través do sistema urbano do Eixo Atlántico vertebra este eurorrexión.

Máis de 200 expertos en todos os ámbitos, políticos, representantes da sociedade civil, etc., interveñen neste documental que repasa a economía, a cultura, a innovación, o mundo académico, social e institucional deste territorio.

Aínda que é certo que o documental foi feito no ano 2006, moitas das súas formulacións conservan a súa vixencia.