A Festa do Pulpo do Carballiño, cidade do Eixo Atlántico, declarada Festa de Interés Turístico Internacional
A 60º edición da festa gastronómica celebrarase o domingo 14 de agosto tras dous anos cancelada pola pandemia
A tradicional Festa do Pulpo do Carballiño, unha celebración con sesenta anos de historia, foi recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional tras a solicitude oficial efectuada polo Concello. Así o comunicou a Secretaría de Estado de Turismo ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
O Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, asegurou que: "En sus 60 años de historia, la Fiesta del Pulpo de O Carballiño se ha convertido en un imprescindible en el calendario estival de Galicia. Pese a tratarse de una romería contemporánea, contiene todos los ingredientes para sumergir al visitante en los orígenes de la tradición 'pulpeira' de la comarca de O Carballiño y del folclore y gastronomía de toda Galicia, en un marco natural incomparable".
A festa celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal do Carballiño, unha extensión de 32 hectáreas de arboledo das máis diversas especies. Ademais do polbo, pódense probar outros produtos típicos da gastronomía local, tales como a empanada galega, o pan de Cea ou os viños do Ribeiro. Xunto á proposta gastronómica, a romaría supón unha verdadeira mostra do variado e tradicional folclore de Galicia, con toda a riqueza de traxes típicos, de bailes e pezas musicais das diversas zonas da Comunidade, tanto das costeiras como do interior, entoadas en ocasións de maneira espontánea polos grupos de amigos e familiares asistentes, entre os que sempre hai unha representación da colonia de emigrantes galegos que regresan por vacacións. De feito, a festa ten até un himno propio, Pulpeiriña do Arenteiro, composto en homenaxe aos pulpeiros e pulpeiras do Carballiño e ao seu Festa do Polbo.
Ademais, a Festa do Pulpo ten un himno propio, "Pulpeiriña do Arenteiro", composto en homenaxe aos pulpeiros e pulpeiras do Carballiño.
Para obter o recoñecemento de Festa de Interese Internacional é necesario contar previamente coa distinción de Festa de Interese Nacional, unha declaración coa que a Festa do Pulpo de Carballiño conta desde 2012. Tamén se debe acreditar a orixe, antigüidade e raizame tradicional da festa, do mesmo xeito que a súa orixinalidade, valor cultural, o alto grao de participación cidadá e o seu gran alcance como atractivo turístico. Ademias, é necesario demostrar que se trata dunha festividade que vén celebrando de maneira continuada no tempo sen interrupcións que superen o cinco anos entre unha edición e outra? e probar que a localidade conta con establecementos suficientes (tanto de aloxamento como doutros servizos) para recibir a afluencia prevista de visitantes e turistas.
Neste sentido, ademais do seu sesenta anos de celebración, os arquivos históricos da biblioteca municipal de Marín (Pontevedra) gardan documentos do século XVII que mostran como o polbo se usaba como pago en especie aos frades de Oseira, na comarca do Carballiño, polos dereitos de foro derivados do uso de labranza das terras.