Skip to main content

A Diputación de Ourense leva a XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico ao Centro Cultural Marcos Valcárcel

A Diputación de Ourense leva a XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico ao Centro Cultural Marcos Valcárcel

A exposición itinerante poderase visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel até o 28 de agosto, antes de trasladarse a Ribeira o 9 de setembro

A XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico pódese visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense até o 28 de agosto. O percorrido desta edición finalizará en Ribeira, onde estará do 9 de setembro ao 6 de outubro.

A Bienal de Pintura inaugurouse en febreiro de 2022 en Mirandela. Desde entón, as 30 obras que a conforman expuxéronse en Barcelos, Viana do Castelo, Braga, Monforte de Lemos e Maia.

A exposición conta con obras dunha ampla variedade de estéticas, linguaxes e técnicas que se presentaron a concurso e que foron seleccionadas polo xurado presidido por Antón Pulido e composto por Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Tees, vencedora da última edición.

A esta décimo terceira edición presentáronse un total de 119 obras que, tras dúas reunións do xurado, seleccionaron as 30 obras que conforman o catálogo.

Os premiados foron:

1º Premio: Coração Resiliente de Perico Senna

2º Premio: Betty de Fruela Alonso Branco

Premio Jovenes Talentos: As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra de Breogán Torres Gutiérrez

Xunto a 5 Mencións de Honra:

1.- 2D-3D de Francisco Javier Pena Fernández

2.- Coa que está a caer de J. Antonio Castro-Muñiz

3.-Poéticas do Desejo de Ricardo de Campos

4.- Untitled de Thomas Apostolou

5.- That was just a dream de Raul José de Oliveira Ferreira

Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidade para que os artistas do Eixo Atlántico gocen dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de novos pintores da Eurorrexión. Nesta edición os galardóns ascenderon a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos.

Na organización da XIII Bienal de Pintura colaboraron a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dá Xunta de Galicia e Instituto Portugués do Desporto e Juventude, IP.

Como novidade nesta edición, a exposición de arte pode visitarse virtualmente. Visite a XIII Bienal de Pintura de forma virtual, aquí.

A XIII Bienal de Pintura no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A Deputación de Ourense organizou esta exposición, gratuíta, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. A sala está aberta ao público de luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel é un edificio de corte modernista do século XIX deseñado polo arquitecto Serra e Pujol. Nun inicio, cumpriu a función de almacén, vivenda e comercio téxtil da familia Simeón García. En 1999 reconvértese en centro cultural. Actualmente, o edifico alberga dúas salas de exposicións, aulas para formación, un museo de trens en miniatura, unha biblioteca e un salón de actos con capacidade para 180 persoas.

Na actualidade, a Bienal de pintura do Eixo Atlántico comparte exposición cunha mostra sobre os Beatles onde se ofrece a maior colección reunida nunca en España de obxectos, discos, libros e recordos do mítico grupo musical.

No pasado mes de maio, o Centro Cultural acolleu a exposición "O amante do papel", na que se reuniron 45 obras de Pablo Picasso, Rembrandt, Alberto Durero, Salvador Dalí, Rubens, Marc Chagall e Toulouse-Lautrec.