Skip to main content

A Coruña acolle a exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo

A Coruña acolle a exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo

Ata o 9 de novembro estará no Cantón Grande

A exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico, que integra imaxes históricas da entidade, poderá verse ata o 9 de novembro no Cantón Grande da Coruña.

Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se percorre a historia do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e os seus fitos en termos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.

Conclúe así o percorrido da exposición polas cidades do Eixo, tras a súa inauguración en Lugo o 15 de febreiro, e o seu paso por Bragança, Viana do Castelo, Guimarães, Valongo, Maia, Braga, Monforte, O Carballiño, Santa Maria dá Feira, Peso dá Régua e O Barco de Valdeorras.

 

 

Galería de fotos