Skip to main content

A Coruña acolle o Torneo Eixo Atlántico de Hockei Patíns, esta fin de semana

A Coruña acolle o Torneo Eixo Atlántico de Hockei Patíns, esta fin de semana

Serán 12 equipos, a metade galegos e a metade portugueses

A Coruña será a sede do IV Torneo Eixo Atlántico de hockei a patíns esta fin de semana, 21 y 22 de novembro. Serán 12 equipos, a metade galegos e a metade portugueses que competirán por levantar o trofeo. Os participantes son:
CART - Centro de Actividades Recreativas Taipense (Guimarães)
Escola Desportiva de Viana (Viana do Castelo)
HC Braga - Hóquei Clube de Braga (Braga)
Dragon Force (Porto)
ADB Campo - Associação Desportiva de Campo (Barcelos)
Clube Hóquei dos Carvalhos (Vila Nova de Gaia)
C. Cía María (A Coruña)
HC Liceo (A Coruña)
SDC Sta. Mº Mar (A Coruña)
A.A. Dominicos (A Coruña)
CH Compostela (Santiago de Compostela)
HC Borbolla (A Coruña)


Actividades complementarias:
Tamén, como nas dúas últimas edicións, haberá un clinic aberto a todos aqueles técnicos de hockei a patíns que queiran asistir.
Convidarase a un técnico español (Ivan Sanz , Seleccionador Español Sub 17) e outro portugus (Luis Miguel Duarte, Seleccionador Portugues Sub 20) para inmpartir unha sesión de hora e media cada un deles, o venres día 20 (dende as 19:00 ás 20:30 e de 20:30 a 22:00h).
Os partidos disputaranse no Palacio dos Deportes de Riazor e no Polideportivo de Montealto. No adxunto, pode consultar os horarios dos partidos.