Skip to main content

A Coruña abre o 13 de xaneiro o prazo de inscrición no IV Intercambio Escolar do Eixo Atlántico

A Coruña abre o 13 de xaneiro o prazo de inscrición no IV Intercambio Escolar do Eixo Atlántico

 A inscrición deberana realizar os centros educativos a través da ficha de inscrición. Os intercambios terán lugar durante 2 e 3 días en abril ou maio de 2025

Data límite para presentala memoria coa proposta do proxecto de actividades a realizar na Coruña: ata o 14 de marzo de 2025. As memorias presentaranse a través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., coa mención no asunto "IV Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Sobre o IV Intercambio escolar do Eixo Atlántico

Tanto alumnos como docentes serán simultaneamente visitantes e anfitrións, organizando e usufructuando de programas didácticos e lúdicos durante a estancia no municipio do país veciño co cal farán o intercambio.

Este programa destínase a alumnos do 2º ciclo do ensino básico das escolas da rede pública localizadas nos municipios do Eixo Atlántico e os seus principais obxectivos son promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio; concienciar os novos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e de formar parte dunha Eurorrexión; así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educativo.

Máis información na páxina do programa IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25