Skip to main content

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico organiza unha mesa redonda co arqueólogo Armadino Cunha

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico organiza unha mesa redonda co arqueólogo Armadino Cunha

O coloquio terá como tema central as estratexias para a salvaguarda e divulgación do patrimonio arqueolóxico. Celebrarase o martes 30 de maio ás 20:00h no Vello Cárcere de Lugo. Entrada libre

O ciclo de conferencias "Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular" reúne a reputados arqueólogos e expertos para abordar a romanización en Lugo e o resto de Galfw rpj7xsaowh8yicia e no norte de Portugal.

As diferentes rexións que compoñen o noroeste peninsular comparten moitas similitudes como as súas paisaxes, o clima, a cultura, ou o carácter das súas xentes, entre outras. Este vínculo é froito dun pasado común: a provincia romana de Gallaecia que, lonxe da fronteira internacional que hoxe delimita Galicia e Portugal, uniu ese territorio baixo o control do Imperio Romano.

Neste sentido, Lara Méndez explicou que "este ciclo de conferencias pretende dar o coñecer ese pasado compartido para comprender mellor noso presente; por iso quixemos contar cos mellores conferenciantes de toda Galicia e Portugal.

A rexedora destacou a importancia de compartir coñecementos e experiencias con especialistas no proceso da romanización, "e que estas reflexións se desenvolvan en Lugo, a cidade máis antiga de Galicia e que foi unha das principais urbes do noroeste peninsular, xunto con Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), nomeada capital do seu convento xurídico".

Por iso, Méndez incidiu na necesidade de que Lugo acolla o Museo da Romanización de Galicia e do Noroeste Peninsular no Cuartel de San Fernando, tal e como estaba previsto, polo que unha vez máis reclamaremos á Xunta que cumpra co seu compromiso e así "poder protexer, coidar, difundir e investigar o noso pasado romano, que é o que representan as máis de 1.500 pezas arqueolóxicas propiedade da Xunta que están distribuídas en numerosos centros lucenses, a gran parte en caixas, e mesmo en domicilios de arqueólogos".