Skip to main content

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico organiza un encontro literario co autor Francisco Narla

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico organiza un encontro literario co autor Francisco Narla

A cita terá lugar a partir das 20:30 horas na cafetería do Vello Cárcere con entrada de libre ata completar aforo

A través desta iniciativa buscase poñer en valor e visibilizar a obra de autores galegos e portugueses, ao tempo que se dan a coñecer produtos autóctonos de ambas rexións. “Estas catas literarias permitirannos coñecer máis polo miúdo, dun xeito case íntimo, ao/á autor/a e á súa obra, mantendo un diálogo cos mesmos, mentres os participantes teñen a oportunidade de probar os produtos típicos de ambas marxes do Miño”, explicou a alcaldesa Lara Méndez.25 de mayo

Deste xeito, as catas literarias seguirán o seguinte guión: presentación por parte dun escritor/a e firma de exemplares e, a continuación, cata de produtos portugueses e galegos. En referencia ás degustacións de produtos, realizarase unha selección para cada data que se adecúe a estación e á procedencia do escritor. Contarase, así mesmo, cun experto que dará as oportunas explicacións para enriquecer a experiencia.

Toda a información sobre esta actividade, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com,  onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Sobre a o autor

Francisco Narla, nado en Friol, é escritor de novelas históricas e de misterio. Piloto aéreo de profesión, comezou a súa carreira literaria cunha novela de terror, Os lobos do centeo (2009), de ambiente galego, á que seguiu a novela negra Caixa negra (2010). Nas obras seguintes, aborda o xénero da novela histórica, ambientada en diversos períodos da historia española: a Hispania romana onde aúllan os outeiros (2015) e a España medieval en Assur (2012), Ronin (2013), Laín. O bastardo (2018, premio Edhasa de Narrativas Históricas), Fierro (2019) e Balvanera (2022). Dentro do seu campo profesional, é autor do tratado de aerodinámica Canon de performance: masa e centrado, e planificación de voo (2012).En 2021 publicou o libro de pesca: "DE HOMES E RÍOS. Os segredos da selección española. Trucos, artificiais e técnicas", unha homenaxe aos gañadores de tres mundiais. Membro da Academia de Gastronomía Galega, colaborou en distintos libros de cociña.

 

O libro que presentará neste encontro é "Breo. El celta que desafió Roma", a súa última publicacion (2023):

O seu pai iniciara o camiño, pero foi traizoado. El, con todo, refuxiouse na costa, lonxe dos clans; só desexaba embarcar cara ás verdes illas do norte e seguir os pasos das antigas lendas. Pero o seu pobo agonizaba, esclavizado na maior mina de ouro da todopoderosa Roma. Unha bruxa da Orde o foi a buscar. Unha nova destinada a liderar aos homes creuno posible. E, entre os luxos de Roma, afogado en viño, afogado entre os seus excesos, Nerón clamou vinganza e aulló pola conquista absoluta. Nunca antes reuníronse tal número de lexións. Consígnaa era matar a calquera capaz de soster unha arma. E foi entón cando a liñaxe e a herdanza obrigárono a loitar. Só había unha saída: terminar o que o seu pai empezara. Rebelarse. Xuntos plantarían cara ao imperio máis poderoso de todos os tempos. Niske uniu aos clans. E, ao fin, Breo desafiou a Roma.

1507 1