Skip to main content

A Bienal Virtual de Pintura faise eco no programa cultural da CRTVG

A Bienal Virtual de Pintura faise eco no programa cultural da CRTVG

Dous dos gañadores da XIII exposición de pintura falan no programa de radio "Diario Cultural" sobre que lles inspirou, que materiais e técnicas empregaron e por que decidiron participar na Bienal

O xurado da XIII edición da Bienal de Pintura, presidido polo artista Antón Pulido, decidiu outorgar o premio a Tito Senna e a Breogán Torres na categoria de Xóvenes Talentos. O tribunal tamén se compuxo por Marta Ferreira, secretaria, e catro vogais, Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Teles.

Tito Senna, gañador da XIII Bienal de Pintura, comezou a pintar a súa obra gañadora “Coraçao Resiliente” na pandemia. “O corazón foi levado ao extremo. Todo o mundo pasou por momentos no que o corazón apretou”. Estes sentimentos, provocados polo confinamento, foron os achegaron ao artista brasileiro á inspiración para crear.

A peza está composta por 25 pequenas pinturas dun corazón dende diferentes perspectivas e foi un reto xa que contaba con moitas limitacións para conseguir os materiais.

O vigués Breogán Torres coñece dende Estocolmo, cidade na que está a estudar, a nova de que é o gañador de Xóvenes Talentos da Bienal.  A obra, titulada “As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra”, está pintada con tinta chinesa e pretende fuxir de idealizar a paisaxe do mar galego. “É moi doado, ao ser unha cultura minoriza, caer en exotizarnos a nós mesmos. Eu non son mariñeiro, estou nunha situación privilexiada. Cando miro a paisaxe teño que entender que ven de algo moito mais fondo”, asume o artista.

Pode esoitar a entrevista completa do programa Diario Cultura de Radio Galega neste enlace.

A XIII Edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inclúe, como novidade, a posibilidade de facer un pecorrido virtual pola exposición. Cada cadro contén un globo de información cos datos da obra e o autor. Pode facer a visita virtual premendo nesta ligazón.