Skip to main content

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, en Porto Canal

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, en Porto Canal

Marlene Lima e Adriana Henriques, artistas bracarenses que ten expostas as súas obras na Bienal, explican as súas obras en Porto Canal

A canle de televisón visitou a exposición que está, até o 30 de xaneiro, na Biblioteca Lúcio Craveiro dá Silva de Braga.

Marlene Lima, artista, asegurou que tardou un mes en finalizar a súa obra: "A miña obra trata sobre o ruído da ondulación do mar. É un resultado sensorial das sensacións que teño cando vexo o mar. Reproducín iso a través das cores e as formas que están aquí representadas". 240109 xiv bienal en braga 63

Adriana Henriques, artista, afirmou que: "O que me motivou para particitar na Bienal do Eixo Atlántico foi o feito de poder entrar tambien noutras cidades a través da miña marca artística. A miña obra son pequenos momentos de felicidade que vou tendo na miña día a día. Está composta por deseños que fago en crochet co que creo unha linguaxe matemática, musical e poéticoque depsués traslado ao campo da pintura e das artes perfomativas".

240109 xiv bienal en braga 57

Helena Mendes Pereira, presidenta do xurado, explicou que: "A Bienal do Eixo Atlántico é unha iniciativa de rede entre a Galicia e o Norte de Portugal que permite divulgar a creación artística deste territorio. Este ano o xurado tivemos moita responsabilidade xa que foi unha elección difícil porque recibimos centenas de candidaturas e aumentou a calidade das obras".

Vexa as entrevistas aquí ( 8 minutos):