Poderá visitala gratuitamente até o 27 de setembro
A 14.ª edición da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse en Barcelos. O acto contou coa presenza da concelleira Elisa Braga que agradeceu aos artistas presentes e asumiu que é un "privilexio para Barcelos acoller esta exposición itinerante, que coa súa pasaxe pola cidade barcelense conclúe a viaxe por Portugal, partindo en dirección a Galicia onde irá finalizar esta 14.ª edición".
A exposición vai permanecer no Espaço Cultura até día 27 de Setembro. Con entrada gratuíta, presenta 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal. Os traballos expostos foron seleccionados por un xurado entre as 104 obras inscritas no concurso. 
Catro destes 25 artistas son minhotos e acudiron á inauguración: Adriana Henriques, Jorge Araújo e Marlene Lima, o tres bracarenses, e o barcelense António Miranda.
A inauguración da mostra estivo a cargo da concelleira da Cultura do Municipio de Barcelos que agradeceu a presenza dos artistas e afirmou que é "un privilexio para Barcelos acoller esta exposición itinerante do Eixo Atlántico".
"O meu desexo é que esta exposición sirva para incentivar outros artistas a xuntarse a este proxecto do Eixo Atlántico. É bo que as persoas perciban que a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico co seu itinerância pode dar unha gran visibilidade aos artistas. Esta é a segunda vez que temos un pintor barcelense seleccionado para a Bienal, algo que nos enche de orgullo", afirmou a concelleira Elisa Braga.
A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico estará patente no Espaço Cultura até o día 27 de setembro, seguindo en outubro en Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
Paralelamente á exposición, a Bienal de Pintura volve ter a súa galería virtual, para chegar ao público que non poida visitar a exposición presencialmente a través do link:
https://galeriavirtual.eixoatlantico.con/