Skip to main content

1.º Torneo de Baloncesto en Cadeira de Rodas do Eixo Atlántico

1.º Torneo de Baloncesto en Cadeira de Rodas do Eixo Atlántico

 Vila Nova de Gaia prepárase para recibir con gran entusiasmo o 1.º Torneo de Baloncesto en Cadeira de Rodas do Eixo Atlántico, que se celebrará os días 8 e 9 de febreiro, no Pavillón Deportivo Municipal de Gaia. Este evento, organizado polo Concello de Vila Nova de Gaia e polo Eixo Atlántico, promete ser un espectáculo de deporte, emoción e superación!

Contaremos coa participación das equipas de Portugal e España, Abeconsa Basketmi, APD Braga e BC Gaia, que competirán nun ambiente de camaradería e deportivismo. O torneo non só destaca o talento dos atletas, senón que tamén promove a inclusión e a sensibilización para o deporte adaptado.

Ven apoiar aos atletas e gozar dun fin de semana cheo de deporte de alta calidade! Xuntos, imos celebrar o baloncesto en cadeira de rodas e a forza dos deportistas que nos inspiran a todos. Non perdas esta oportunidade única e vén formar parte deste evento que contará con sorpresas para toda a familia.

Calendario de Xogos

8 de febreiro

🕒 15h – BC Gaia x APD Braga 🕕 18h – Abeconsa Basketmi x APD Braga

9 de febreiro

🕚 11h30 – BC Gaia x Abeconsa Basketmi