Skip to main content

Viana do Castelo gaña o premio Geoconservação 2016

Viana do Castelo gaña o premio Geoconservação 2016

Viana do Castelo recibiu o PremioGeoconservação 2016 asignado polo grupo portugués da ProGEO, a Asociación Europea para a Conservación do Patrimonio Xeolóxico

O premio foi entregado polo traballo do Geoparque Litoral Viana do Castelo durante a iniciativa Semana da Terra e o Día Mundial da Terra e Día Nacional do Patrimonio Xeolóxico.

O Premio Geoconservação é, desde 2004, unha iniciativa de ProGEO-Portugal que pretende destacar os traballos desenvolvidos polos concellos na conservación e promoción do patrimonio xeolóxico dos respectivos municipios. O xurado foi constituído por representantes de ProGEO-Portugal, da Asociación Portuguesa de Xeólogos, do Instituto da Conservación da Natureza e dos Bosques e da National Geographic-Portugal.

Prémiase o traballo de clasificación de 5 xeolugares como “Monumento Natural Local” e o conxunto de iniciativas que visan a súa valorización, interconexión e promoción a través do novo Geoparque Litoral de Viana do Castelo, nacido dunha investigación da Universidade do Minho, liderada por Ricardo Jorge Carvalhido.

O Cantil de Montedor (55 hectáreas), Pedras Ruivas (24 hectáreas), Canto Marinho (58 hectáreas), Ribeira de Anha (41 hectáreas), o estuario do río Lima (entre as pontes Eiffel e a A28) e as “Ínsuas de Lima” (422 hectáreas) son o cinco áreas de Viana do Castelo que están agora clasificadas como monumentos naturais locais.