Eixoecologia organizou unhas Xornadas de Formación sobre "Sistemas de Xestión de Eventos Sustentables"
Os últimos anos, fíxose esencial a importancia da introdución da sustentabilidade como un dos criterios a considerar na organización de eventos. O impacto ambiental, económico e social dos eventos, intensificado polo feito de concentrarse nun tempo e espazo moi curtos, representa unha oportunidade para fomentar prácticas máis sustentables cunha gran capacidade de proxección para a sociedade.
A necesidade de crer a introdución de prácticas sustentables nun evento levou á aparición de incontables certificados e normas que ateigan a súa implementación. A norma de referencia internacional ISO 20121 específica os requisitos dun sistema de xestión da sustentabilidade para as organizacións de eventos, coa finalidade de asegurar que son xestionados en consonancia cos criterios de sustentabilidade.
Eixoecologia elaborou un documento de traballo, para guiar paso a paso, na implementación e documentación dos procesos necesarios nun sistema de xestión da sustentabilidade, de maneira simple, nos eventos dunha organización. Este guía inclúe explicacións, modelos e exemplos prácticos que poden ser utilizados para cada unha das fases deste proceso.
Para a presentación deste documento aos municipios do Eixo Atlántico, Eixoecologia organizou unhas Xornadas de Formación sobre "Sistemas de Xestión de Eventos Sustentables", onde se falou sobre a implementación da Norma ISO 20121, certificado e boas prácticas de eventos. A Formación contou coa presenza de José Magro (AENOR), Carolina Nogueira (APCER), Manuel Rodríguez (EIXOECOLOGIA), Alberto Gómez (EVENTSOST), Carlos Pesque (ECODES), Pablo Muñoz (ECOVIDRIO) e Mário Raposo (Sociedade Ponto Verde)
Ponencias