Skip to main content

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas propón a adhesión de Carballo por tratarse dun territorio “cunhas condicións naturais extraordinarias”

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas propón a adhesión de Carballo por tratarse dun territorio “cunhas condicións naturais extraordinarias”

O goberno municipal de Carballo estudará a proposta cos servizos técnicos municipais

A xunta directiva da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo quere que Carballo siga os pasos de Cerceda e A Laracha, que proximamente formalizarán a súa adhesión, e que se sume tamén aos 17 concellos que xa forman parte do territorio recoñecido pola Unesco dentro do Programa MAB.

O goberno municipal de Carballo estudará a proposta cos servizos técnicos municipais. O alcalde de Carballo expresou o seu agradecemento pola visita e polo convite a participar, unha decisión que queda pendente da valoración que realicen os servizos técnicos municipais e o propio goberno.