Skip to main content

II Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da sustentabilidade

II Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da sustentabilidade

Guimarães acolleu o encontro entre especialistas de Portugal e Galicia

O Eixo Atlántico vén de celebrar o seu II Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da sustentabilidade.

O encontro tivo lugar no Laboratorio da Paisaxe de Guimarães o 27 de abril e contou coa participación de especialistas de Maia, Bragança, Porto, Braga, Monforte de Lemos, Guimarães e da Deputación de Lugo.

A xornada, baixo o título de Cidades Sustentables, Resilientes e Intelixentes, serviu como punto de encontro de técnicos na materia e supuxo unha moi boa oportunidade para compartir experiencias en beneficio das distintas entidades e dos seus cidadáns.

Presentacións:

pdfBraga

pdfDeputación de Lugo

pdfMaia

pdfMonforte

pdfPorto