Eixoecologia participou como socio, o pasado día 27 de Setembro, no Taller do Plan de Acción da Axenda 21 Local, dentro da Semana B-Smart Famalicão da 2ª Edición do Famalicão Visión 25.
Eixoecologia elaborou a Axenda 21 Local (Diagnóstico) do municipio de Vila Nova de Famalicão e estivo presente na apertura do plenario xeral e nos grupos de traballo para aclaración de posibles dúbidas sobre os indicadores calculados.
Este Taller tivo como obxectivo recoller ideas de accións a concretar no municipio que puidesen ser incluídas no Plan de Acción da A21L.