A visita da expedición, que está de paso por Galicia, está a ser coordinada polo Eixo Atlántico
Unha delegación da Oficina do Historiador da Cidade da Habana (OHCH) visitou Pontevedra para coñecer o seu modelo urbano, que recibiu varios premios polas súas políticas a favor do peón, sete deles de carácter internacional.
A expedición, que está de paso por Galicia e que está a ser coordinada polo Eixo Atlántico, forma parte dun plan financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o edil de Obras, Cesáreo Mosquera, e o director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, fixeron de anfitrións durante a xornada, que trouxo á cidade a Bertha Verdecia Pazos, directora do Grupo de Investimentos Praza Vella da OHCH; Saidi Milena Boza Alpízar, xefa do departamento de Deseño da Empresa Filiar Restaura daOHCH; Raúl Cortázar Fernández, xefe do departamento de Arquitectura, Enxeñaría e Urbanismo da Empresa Filiar Restaura da OHCH, e Carlos Daniel Ramírez Díaz, especialista financeiro da Dirección de Cooperación Internacional da OHCH.