
Cun orzamento de 50 millóns de euros para apoiar accións do Novo Bauhaus Europeo, a convocatoria estará aberta até o 19 de xaneiro 2023 ás 14h (CET). Nesta ligazón pode ler máis información e as bases da convocatoria
Esta primeira convocatoria céntrase nos principios nucleares da iniciativa Novo Bauhaus Europeo; isto é, que as cidades ofrezan lugares, prácticas e experiencias:
- Bonitas: esteticamente agradables pero tamén inspiradas pola arte e a cultura, respondendo as necesidades dos cidadáns e mellorando a calidade da súa experiencia, máis aló da funcionalidade.
- Sustentables: en harmonía coa natureza, o medio ambiente e o noso planeta.
- Inclusivas: promovendo o diálogo entre culturas, disciplinas, xéneros e idades.
O Novo Bauhaus Europeo é unha iniciativa interdisciplinar que busca conectar o Pacto Verde Europeo cos espazos nos que os cidadáns viven e que, como fin último, quere contribuír a lograr unha Europa neutra climáticamente en 2050. Neste sentido, esta primeira convocatoria do programa Acciones Urbanas Innovadoras quere trasladar estes valores e axudar a pór en práctica exemplos tanxibles e reais que demostren que o que se promove é posible.
Os proxectos interesados, deberán asumir os valores de sustentabilidade, inclusión e estética nos seus máximos expoñentes. Así mesmo, aínda que non é obrigatorio, a convocatoria convida as cidades a considerar traballar nun dos seguintes temas:
- Economía circular e neutralidade na emisión de carbono
- Conservación do patrimonio cultural
- Adaptación de edificios para solucións de vivenda digna
- Rexeneración de espazos urbanos
Neste documento pode consultar máis información: terms-of-reference.pdf