Eixoecologia foi convidada a presentar o seu traballo ante os restantes socios.
A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico participou o pasado día 19 de maio na Asemblea Xeral da ACR+ (Association of Cities and Regions for sustainable Resource Management) en Barcelona.
Como socio recente (adhesión en outubro de 2016), Eixoecologia foi convidada a presentar o seu traballo ante os restantes socios.
Esta asemblea xeral tivo como obxectivos a presentación e aprobación do informe de contas de 2016 e o programa de traballos para 2017. Tamén se crearon pequenos grupos de discusión sobre sete tópicos diferentes co obxectivo de favorecer a aparición de propostas de traballo e actividades concretas para ser levados a cabo por ACR+ e os seus membros no próximo programa de traballo 2018-2019).