No día Internacional dos castelos, 7 de outubro, as visitas teatralizadas son gratuítas, como forma de celebrar a efeméride
Do 5 ao 7 de outubro o Castelo de Feira abre as portas a oito visitas teatralizadas que van transportar aos visitantes a través das historias e recordos do monumento más famoso feirense, nunha viaxe no tempo guiada por personaxes doutros tempos. Unha iniciativa do Concello de Santa Maria da Feira e da Comisión de Vixilancia do Castelo para celebrar o Día Nacional dos Castelos (7 de outubro).
En cada unha das visitas os diferentes espazos do Castelo serán o escenario de representacións teatrais, protagonizadas por actores do Grupo de Teatro Experimental do Orfeão da Feira, explictativas das transformacións históricas máis relevantes do edificio, clasificado como Monumento Nacional.
As visitas teatralizadas terminan na Capela da nosa Señora da Encarnación (Capela do Castelo), cun momento musical interpretado polo Bando de Surunyo.
No día Internacional dos castelos, 7 de outubro, as visitas teatralizadas (11h00, 15h00 e 17h00) son gratuítas, como forma de celebrar a efeméride.
Para máis información, os interesados deben porse en contacto coa Oficina de Turismo do Concello, a través do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o teléfono 00351 256 370 802.