Skip to main content

Viana do Castelo crea programa de apoio a proxectos culturais

Viana do Castelo crea programa de apoio a proxectos culturais

O Concello de Viana do Castelo acaba de lanzar un programa de apoio a proxectos culturais. Nun contexto imprevisible como resultado da pandemia do COVID-19, de confinamento social, con acceso á programación cultural moi limitado ás redes sociais, e coñecedora de que os artistas, a pesar dunha presenza constante nas mesmas, non obteñen beneficio económico, o Concello propón un fondo de apoio a creación de proxectos culturais cun valor de 20.000 euros.
Este apoio destínase aos artistas que non se atopan protexidos polas medidas previstas na Normativa Municipal de apoio ao asociacionismo nin por outros protocolos culturais.