
O concello de Viana do Castelo convoca o Premio de Fotoxornalismo Estação Imagem Viana para periodistas gráficos de Galicia y de Portugal. A categoría de Noroeste Peninsular, terá como tema principal a construcción naval
Viana do Castelo é o socio principal para a realización anual deste premio. A Câmara Municipal de Mora e a “Casa da Imprensa” apoian tamén o premio. O Xurado internacional que vai avaliar o material a concurso analizará tamén a memoria descriptiva e os porfolios candidatos á Bolsa ESTAÇÃO IMAGEM Viana do Castelo , para que un fotoxornalista poida desenvolver durante 2015 un proxecto fotográfico sobre Alto Minho.
A inscrición é gratuita e só pode ser feita persoalmente, a través do site da Estação Imagem (http://www.estacao-imagem.com/), onde se pode encontrar o formulario e a indicación dos pasos a seguir.
As categorías a concurso son: Noticias, Temas Contemporáneos, Vida Cotiá, Arte e Espectáculos, Medio Ambiente, Retrato e Deporte.
Premio Noroeste Peninsular
Este ano sobre o tema da construcción Naval na franxa costeira que vai desde a cidade de Porto ata o norte de Galicia.
As reportaxes fotográficas remitidas a este premio deben ter como mínimo 5 e como máximo 10 fotografías e poder ter sido feitas en calquer ano. É obrigatorio que cada reportaxe esté acompañada por un título e un texto de explicación entre 500 e 800 caracteres (en portugués ou galego e en inglés), que no caso de que a reportaxe resulte premiada aparecerá na exposición e no libro.
Xurado
- Maria Mann (Presidenta do xurado). É directora de relacións internacionais da EPA (European Pressphoto Agency)
- Yannis Behrakis. De nacionalidade grega, Behrakis é fotoxornalista da Reuters desde 1987.
- Ruth Eichhorn. É directora de fotografía das revistas GEO desde 2004, desde a súa sede en Hamburgo, Alemania.
- Elena Boille. É subdirectora e editora gráfica da revista italiana Internazionale.
Premios
ESTAÇÃO IMAGEM Viana do Castelo 3.500,00 €
NOTICIAS 1.000,00 €
VIDA COTIÁ 1.000,00 €
ARTE E ESPECTÁCULOS 1.000,00 €
TEMAS CONTEMPORÁNEOS 1.000,00 €
MEDIO AMBIENTE 1.000,00 €
RETRATOS 1.000,00 €
DEPORTE 1.000,00 €
Os resultados do concurso serán feitos públicos en Viana do Castelo, no dia 18 de Abril de 2015 no transcurso dunha ceremonia pública. Os vencedores do concurso seran contactados inmediatamente