Mantense o dominio dos equipos portugueses no Torneo Eixo Atlántico Cidade A Coruña, anualmente organizado naquela cidade
O triunfo desta edición foi do equipo de Valongo, actual campioa de Europa en sub15, que foi superior e que se impuxo por 5-1 ao Dominicos que, a pesar de non vencer, demostrou ser unha xeración con moito futuro.
Compostela quedou en terceiro lugar tras vencer a Barcelos. Na quinta posición quedou o Liceo grazas ao seu triunfo sobre a Compañía de María. O top oito quedou completado con Ferrol e Gulpilhares. Trás estes, quedaron Raxoi, a Escola Lubiáns, Bragança e AC de Feira.
A competición arrincou o sábado coa fase de grupos que se disputou no Palacio dos Deportes de Riazor e en Monte Alto. Os partidos das finais xogáronse en Riazor, onde os mozos xogadores, a representación do futuro de Galicia e do norte de Portugal, puideron tamén asistir ao duelo entre o Liceu e o Caldes da OK Liga.