
O Teatro Principal de Ourense acolle o xoves, día 4 de febreiro, un novo concerto dos organizados pola Concellería de Cultura no marco do ciclo: Enclave de Cámara.
Nesta ocasión, os intérpretes convidados son o Trío Lorca, unha agrupación formada por Elena Rey (violín); Erica Wise (violonchelo) e Noelia Rodiles (piano) que interpretarán o seguinte repertorio:
-Joseph Haydn (1732 – 1809)
Trío en la maior Hob. XV 9 (15´)
I.Adagio
II.Vivace
-Wolfgang Rihm (1952)
Trío para violín, violonchelo e piano (1972) (8´)
-Félix Mendelssohn (1809 – 1847)
Trío para violín, violonchelo e piano n.º 1 en Re menor, Op. 49 (25´)
I. Molto Allegro agitato
II. Andante con molto tranquillo
III. Scherzo. Leggiero e vivace
IV. Finale. Allegro assai appassionato
O Trío Lorca nace en 2008 como Trío Mozart de Deloitte, baixo os auspicios da Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, onde traballa tutelado por Marta Gulyas e Luis Fernando Pérez. Obtén o Primeiro Premio do Concurso de Música de Cámara “Ciutat de Manresa”e , xa en 2009, é galardoado en Bilbao co Primeiro Premio do Concurso Permanente de Novos Intérpretes de Mocidades Musicais de España. No seu periplo pola Escola Reina Sofía foi nomeado o grupo máis sobresaínte da cátedra de música de cámara.
O concerto comeza ás 20.30 horas e a súa duración é dunha hora e 15 minutos sen descanso. A entrada custa 8€ (butaca de patio e platea); 8€ (1º piso); 7€ (21 piso); 5€ (Paraíso e VR). Pódese mercar on-line, a través da páxina web:www.ataquilla.com; no teléfono 902-504.400 e na taquilla do teatro o día previo á función de 12.00 a 14.00 horas e o mesmo día da función de 12.00 a 14.00 e dende dúas horas antes do seu comezo.