Un total de doce equipos sub 17 de Galicia e norte de Portugal competirán no Palacio dos Deportes e no Pavillón de Monte Alto
A cidade da Coruña acollerá este próximo fin de semana o VII Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a patíns. Un total de 12 equipos sub 17 procedentes de cidades de Galicia e o norte de Portugal competirán os días 8 e 9 no Palacio dos Deportes e no Pavillón de Monte Alto.
En concreto as cidades participantes son, por Portugal, Valongo (Asociação Desportiva Valongo), Gaia (ACD Gulpilhares), Bragança (Clube Académico de Bragança), Guimarães (CART), Porto (FC Porto) e Famalição (Riba D’Ave Hóckei clube). No caso galego os equipos proceden de Santiago (C.H. Compostela e Hóckey Club Raxoi) e da Coruña (Cía María, Liceo, Dominicos e Santa Maria del Mar).