Skip to main content

Santa Maria da Feira acolle en agosto a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Santa Maria da Feira acolle en agosto a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A mostra percorrerá as cidades de Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Barcelos e Lalín ata febreiro de 2019

A Biblioteca Municipal de Santa Maria da Feira acolle, de 4 de agosto a 1 de setembro, a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, integrada na programación do V Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Dous mozos feirenses premiados no ámbito do concurso Novos Talentos Luso-Galaicos 2017/2018 integran esta exposición, constituída por 28 obras.

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico naceu en 1997, contando con 12 edicións de itinerancia. Con máis de dúas décadas, este programa estimula a creación artística, e posibilita o intercambio cultural e o coñecemento de artistas que no Noroeste Peninsular constitúen unha contribución viva e dinámica no panorama cultural europeo.

Neste contexto, o Premio Novos Talentos Luso-Galaicos xurdiu para estimular o esforzo e a creatividade dos máis novos, suscitando un futuro culturalmente rico e diversificado.

Entre as 28 obras en exposición cóntanse dúas de artistas feirenses: Fragmentos de Memoria, de Fábio Araújo (Son Paio de Oleiros), vencedor do 1º Premio Novos Talentos Luso-Galaicos 2017/2018 e Two Big Women, de Marco Macedo (Santa Maria da Feira), distinguido co segundo premio na categoría Mellor obra portuguesa.

A Bienal de Pintura percorre, entre novembro de 2017 e febreiro de 2019, varios espazos expositivos de varias cidades membros do Eixo Atlántico: O Barco de Valdeorras, Viana do Castelo, Porto, Braga, Peso da Régua, Riveira, Ourense, Maia, Santa Maria da Feira, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Barcelos e Lalín.

Catálogo e calendario XII Bienal