Skip to main content

Santa Maria da Feira acolle a exposición Retrospectiva da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Santa Maria da Feira acolle a exposición Retrospectiva da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Até o próximo día 11 de novembre, no Museo Convento dos Loios

O Museo Convento dos Loios de Santa Maria da Feira acolle desde o pasado sábado día 6 e até o 11 de novembro a exposición Retrospectiva da Bienal do Eixo Atlántico con 21 obras orixiñais premidas na historia deste certame cultural que botou a andar en 1997.

No marco da V Capital da Cultura, que se desenvolve este ano no concello portugués de Santa Maria da Feira, e por primeira vez na historia, os visitantes poderán ver nun mesmo espazo expositivo 21 obras pictóricas recoñecidas da Bienal da Pintura do Eixo Atlántico

Con máis de dúas décadas de historia, este programa estimula a creación artística na Eurorrexión, e posibilita o intercambio cultural e o coñecemento de artistas que no Noroeste Peninsular constitúen unha contribución viva e dinámica no panorama cultural europeo.

pdfObras da Exposição Retrospetiva Bienal

Galería de fotos