Skip to main content

Riveira inaugura o percorrido da Bienal de Pintura

Riveira inaugura o percorrido da Bienal de Pintura

Tras su inauguración en Viana do Castelo, Riveira é a primera cidade galega que recibe a XI edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A apertura desta mostra tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas nun acto inaugural presidido polo alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas e que contou con a presencia do secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e da presidenta do xurado, Pilar Corredoira, ademais da concelleira de Cultura de Riveira, Fabiola García.
Esta edición recolle unha colección formada por 30 cadros de artistas galegos e portugueses seleccionados de entre máis de cen obras presentadas.
Este ano o gañador foi un barbanzano: Olmo Blanco Fuentes, residente en Boiro. A comarca de Riveira tamén está representada por outros artistas como o alemán Ralf Glasz, vinculado a Riveira, e a rianxeira Lara Torres Rodríguez.