Skip to main content

Reunión do grupo de temático de Educación e Cultura do Eixo, en Ourense

Reunión do grupo de temático de Educación e Cultura do Eixo, en Ourense

Representantes de trece municipios galegos e portugueses participaron na xuntanza

O Concello de Ourense acolleu o pasado 28 de abril a reunión dos membros do grupo temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico, coa asistencia de representantes da Coruña, Bragança, Guimarães, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Paredes, Pontevedra, Santa Maria da Feira, Santiago de Compostela, Valongo, Vila Nova de Famalicão e Douro Alliance (Vila Real).

Durante a reunión abordáronse diferentes programas do eido cultural e educativo como é a Bienal de Pintura, cuxa XII edición xa está en marcha para a presentación de candidaturas; a V Mostra Musical, que terá lugar en Vilar Real os días 5 e 6 de maio de 2018; ou o proxecto de Intercambios Escolares entre alumnado de cidades de Galicia e Portugal, que comezarán no curso lectivo 2018-2019.