A 40 edición da Carreira Pedestre Popular de San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o día 20 de novembro de 2016
O San Martiño é o acontecemento deportivo por excelencia de Ourense. Constará de un total de tres carreiras, a da categoría absoluta, sobre un recorrido de 10 kilómetros, para atletas de categorías júnior en adelante e para a que hai inscritos un total de 4463 corredores; a carreira escolar, de 4,7 kilómetros e reservada para os atletas nados entre os anos 1999 e 2006, para a que hai inscritos 4151 corredores e, por último, a carreira de cativos, cun recorrido de 1,4 kilómetros na que poderán participar os nados en 2007 e posteriores, e para a que hai 2657 corredores inscritos.
Os premios económicos na categoría absoluta ascenden a 1.000, 700, 500, 300 e 200 euros para os cinco primeiros clasificados, respectivamente. Os tres primeiros corredores en meta nados ou empadronados en Ourense recibirán tamén premios de 200, 150 e 100 euros, mais trofeo acreditativo. A organización ofrece ademáis un premio especial para o primer clasificado no kilómetro 5 de carreira e para o atleta que bata o récord da carreira, que está nos 32 minutos e 45 segundos na categoría femenina e nos 28.49 na masculina. Haberá unha camiseta conmemorativa para os que logren cruzar a meta. No que respecta a carrera dos escolares, os 25 primeiros clasificados e os seis primeiros centros educativos recibirán diferentes premios en material deportivo.
Ademáis o venres 18 de novembro levarase a cabo a 5ª Feira do Corredor e o sábado 19 a entrega de premios "Correndo por Ourense".