Abordou diferentes temas como a organización dos Xogos do Eixo Atlántico a memoria do ultimo torneo de Hóckey a Patíns celebrado na Coruña no mes de decembro
A organización dos XIII Xogos expuxo ó Secretariado o punto de situación de todos os temas relacionados coa competición, o aloxamento, os transportes, a lavandería, a asistencia, a comunicación... Os XIII Xogos inauguraranse o día 7 de xullo no centro da cidade de Braga e a competición celebrarase entre o luns 8 e o venres 12, cando terán lugar as finais das modalidades colectivas: fútbol 7, baloncesto, balonmán, voleibol e tenis. As modalidades individuais, natación e atletismo, terán lugar o martes día 9 de xullo.
Vila Nova de Gaia presentou a súa proposta para o torneo de taekwondo que terá lugar en novembro e que será presentada a todo o Grupo Temático de Deportes o próximo día 12 de marzo na reunión que terá lugar en Braga.
Tamén foi entregada a memoria do VII Torneo de Hóckey Patíns celebrado os días 8 e 9 de decembro de 2018 na Coruña coa participación de 12 equipos dos municipios de: Valongo, Vila Nova de Famalicão, Vila Nova de Gaia, Bragança, Guimarães, Porto, Santiago de Compostela e A Coruña. O campión do torneo foi o equipo do municipio de Valongo.