O primeiro Torneo Eixo Atlantico de Taekwondo reunirá a mozos deportistas da Eurorrexión
O “Troféu Cidade de Gaia” terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de outubro
O Primeiro Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo reunirá a máis dun cento de deportistas novos da Eurorrexión a fin de semana do 21 e 22 de outubro no Centro de Alto Rendimento de Gaia.
Un total de 12 concellos de Galicia e o Norte de Portugal contarán con representación neste “Troféu Cidade de Gaia, que nace co obxectivo de ser un encontro de referencia dos clubs e asociacións do norte de Portugal e Galicia, que practiquen esta disciplina, impulsando a visibilidade desta modalidade.
En concreto, nesta primeira edición, participarán representantes dos municipios de Santa Maria da Feira, Braga, Valongo, Vila Real, Barcelos, Maia, Matosinhos, Vila Nova de Gaia, Riveira, Ourense, Porto, e A Coruña.
O torneo está destinado a clubs e asociacións con atletas nados entre 2000 e 2005.
O programa consta dun primeiro día de competición deportiva (sábado, 21 de outubro) desde as 09.00 h da mañá, cando se levará a cabo a acreditación dos equipos. Ás 09.30 h serán efectuadas as reunións dos delegados e árbitros. Os combates terán lugar desde as 10.00 h ata as 18.00 h. Esta xornada concluirá coa entrega dos premios a partir das 18.15 h.
A xornada do domingo, 22, pola súa banda, está pensada para o intercambio de experiencias entre os participantes, con actividades de lecer e cultura, para coñecer a cidade de Vila Nova de Gaia.
Programa deportivo. Sábado, 21 de outubro:
|
9h00 |
Acreditación |
|
9h30 |
Reunión árbitros e delegados |
|
10h00 |
Inicio da competición |
|
13h00 |
Descanso para xantar |
|
14h30 |
Reanudación da competición |
|
18h00 |
Fin da competición |
|
18h15 |
Entrega de trofeos |