Skip to main content

O Festival Atlántica volve a Santiago este outono para completar a súa oitava edición

O Festival Atlántica volve a Santiago este outono para completar a súa oitava edición

Tras a interrupción de marzo pola declaración do estado de alarma, o Festival vén de anunciar a súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro

Na súa intervención, Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural de Santiago lembrou que Atlántica naceu na cidade no ano 2013 e que daquela mantén "a súa esencia de encontro de voces e historias que suman tradición oral á cultura atlántica". Logo da interrupción de marzo, o Festival vai regresar a Galicia "os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e o 5 e 6 de decembro con actuacións en formato híbrido, ou sexa, en liña e presenciais, nas que se garantirá, en todo momento, o cumprimento das medidas anticovid e a seguridade das persoas asistentes".

A información sobre os artistas deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/). Tamén está dispoñible o programa das actuacións e mais os detalles sobre o proceso de reserva de convites das funcións presenciais.

En función das restricións sanitarias de cada concello, as funcións serán en liña ou presenciais. Polo de agora, xa está previsto que a programación de Ferrol, Ourense e Teo se desenvolva telematicamente. En todo caso, calquera alteración será anunciada a través das canles do Festival Atlántica.