O equipo infantil de Santiago alzouse co I Torneo Internacional de fútbol infantil Eixo Atlántico, disputado no Carballiño
O equipo compostelán venceu na final ao de Maia
O equipo de Santiago alzouse o pasado domingo, 2 de setembro, co trofeo do I Torneo Internacional de Fútbol Infantil Eixo Atlántico, disputado no estadio municipal de Espiñedo no Carballiño. O equipo compostelán venceu na final ao de Maia.
O torneo resultou todo un éxito deportivo. Oito equipos de Galicia e Portugal disputaron a pasada fin de semana este torneo, que levou o sobrenome de X Memorial Faustino Pérez Sanmartín “Fusi”. Celebrouse nos campos de O Ladoiro en San Cristóbal de Cea e A Uceira e Espiñedo no Carballiño.
O evento foi presentado no concello do Carballiño polo concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao; o presidente do Grupo Temático de Deportes do Eixo Atlántico e concelleiro de Vila Nova de Gaia, José Guilherme Aguiar, entre outros.
Os equipos participantes foron Santiago, Ourense, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Vila Nova de Famalicâo, Vila Nova de Gaia, Maia e Barcelos.
GALERÍA DE FOTOS